Ola a todos!
Este é o blog do Camiño de Santiago organizado pola Asociación Cultural Xacarandaina. Esta actividade forma parte de XacadeAndaina, unha serie de roteiros que todos os anos fai a nosa asociación para todos os seus socios.
O plantexamento da actividade é a seguinte:
Cada mes faremos unha etapa do Camiño. Pero cómo? Pois moi sinxelo! Partimos cada xornada do Pazo da Ópera ata o comezo da etapa; entón poñerémonos a camiñar os quilómetros correspondentes. En todo momento teremos o bus por se alguén se cansa ou se atopa mal. Hai que pensar que é unha actividade para todos os públicos! Logo de tanto esforzo toca voltar á casa, de novo en bus…
Intentarase facer unha visita cultural en cada etapa. Será por cousas fermosas que ver no Camiño! E mais estamos seguros que todo non vai ser camiñar e ver monumentos. Seguramente caia algunha que outra ración de polvo picado polas terras de Melide, un anaco de queixo ou algún bo viño que de seguro atoparemos.
Polo que sabemos as inscripcións van a moi bo ritmo e casi está cheo o bus. A ver se non ten que quedar ninguén fóra…
Seguiremos informando.
Saúdos a todos!

