Xacarandaina

Xacafestas! Desfruta das túas festas!
Estás en: Inicio

Novas



Actividades Curso 2017-2018

Xa está aquí o horario das actividades para este novo curso.

Recorda que se eres soci@ podes anotarte a partir do 4 de setembro mediante un correo electrónico ao enderezo electrónico ou no propio local.

Se aínda non eres soci@, terás que esperar ata o 11 de setembro para matricularte no noso local (non esquezas os teus datos e dúas fotos carné) As aulas ás que debes anotarte se é a primeira vez que acudes a unha das actividades, son as de color azul (as de iniciación I)

Se tes algunha noción, non dubides en consultarnos cal sería a mellor clase para ti, tanto no noso enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo coma no noso teléfono 981 277 315. ESPERÁMOSTE!

*altas nas actividades por rigurosa orde de inscrición a partir das datas indicadas.

Ligazón: Horario Provisional de Actividades

Ler máis
 


Matrícula e Condicións Curso 2017-2018

CÓMO FUNCIONA A ASOCIACIÓN?

Na A. C. Xacarandaina ofrecemos distintas actividades dende o 1 de Outubro ata o 30 de Xuño cunha duración de 1h, 1:30 h. ou 2 h. semanas, adaptadas a distintos niveis e idades, dende os 3 anos en adiante

Ademáis, organízanse ao longo do curso distintas actividades puntuais como roteiros, obradoiros, visitas culturais para pequen@s e maiores, comisións de traballo para a organización de eventos (concursos, festivais, actuacións, festas de Nadal ou Entroido…) nas que @s soci@s obteñen descontos ou desfrutan de balde.


Ler máis
 


Próximas actuacións de Xacarandaina

Ola! Facémosvos un pequeno resumo das actuacións deste verán de Xacarandaina:



   

Xacarandaina Romaría de Santa Margarida 2017

Xacarandaina na Romaría de Santa Margarida

Chega outra dos eventos ineludibles do ano! Xacarandaina actuará na Romaría de Santa Margarida o Domingo 27 de agosto ás 18:00h

Moi ben o imos pasar este ano!

E para non perder comba encontrarémonos nun animado pasarrúas! Arrincaremos dende a Praza de María Pita, o luns 14 en horario sen confirmar.

Ler máis
 


Xacarandaina en Gannat 2017

Lerolé Lerolé! O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina parte cara terras galas a levar a nosa cultura e o noso baile ao Festival Internacional Les Cultures du Monde (Gannat 2017)...pronto Francia soará a Galicia.

Boa Viaxe!


   

Axenda

Agosto 2017
L M Me X V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos