Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Festa de Entroido 2019

Como xa ben sendo habitual todos os anos, o domingo de ENTROIDO realizaremos a NOSA FESTA! O domingo 3 de marzo ven a Xacarandaina a festexar o Entroido!!

A festa dará comezo ás 17:00h. Nela contaremos con merenda, xogos, baile, desfile de disfraces d@s participantes! 

Imprecindible inscrición antes do mércores 27 de febreiro na secretaría da asociación!

  • Soci@s: De balde.
  • Non soci@s: 3 €.


Aprende e divírtete con Xaca!



 


Precisas zapatos?

Precisar mercar Zapatos ? 


Podes encargalos na secretaría da Asociaciación ata o vindeiro 9 de marzo. 

Prezo:25 €

Non te quedes sen eles!





 


Xacaculturais Febreiro



XACACULTURAIS FEBREIRO



2 FEBREIRO – AQUARIUM FINISTERRAE


O sábado 2 de febreiro ás 11:30h. temos programada unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña., tamén coñecido como a Casa dos Peixes. Centro interactivo de divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, oceanografía e o mar en xeral.


Esta visita está pensada para nenos ata 14 anos, sendo a entrada de balde.


Recordade anotarvos na secretaría da Asociación ata o 30 de xaneiro.

 


Ler máis
   


Xacaculturais Xaneiro

23 XANEIRO – EXPOSICIÓN “SONORO EMPEÑO”


O vindeiro mércores 23 de xaneiro temos programada unha visita á Exposición de Pintura  “Sonoro Empeño. La música en las colecciones Abanca y Afundación” na sede Afundación da Coruña.

Esta colección conta con obras de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luis Caruncho ou Xaime Queddasa entre outros artistas nacionais e internacionais.


Ler máis
 


Bo nadal e boa entrada no Ano novo!

Desde a A. C. Xacarandaina desexámosvos...

...un Bo Nadal a tod@s

e unha boa entrada no Ano Novo!

Ler máis
   

Axenda

Maio 2019
L M Me X V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos