Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Suspensión das Clases ata novo aviso

Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia, desde o luns, día 16, suspéndense as clases en Xacarandaina, esta medida estará vixente ata que haxa un cambio nas recomendacións das autoridades.

 O mercores 11, xoves 12 , venres 13, e o sábado 14, a Asociación permanecerá aberta para facilitar a organización dos socios e socias que asistan ás clases estes días.



 


CURSO ENCUADERNACIÓN ARTESANAL

Para o vindeiro mes tamén temos programado un curso de Encuadernación artesanal.

Será os días 5 e 12 de marzo de 18:30 a 21:30h.

Se queres asistir podes facer a inscrición na Secretaría da Asociación (aforo limitado a 8 persoas).


*Actividade subvencionada pola Deputación de A Coruña 


 


Xacaculturais Marzo!


O vindeiro mes de marzo temos tres novas actividades de Xacaculturais: 

  • Museo Belas Artes: EXPOSICIÓN "O LEGADO DE MARUXA SEOANE".
  • Casa das Ciencias e ao planetario 
  • Exposición "UNHA AUTOPISTA DETRÁS DO ENCHUFE" en Palexco.
Ler máis
   


ENDATERRA NOVO ESPECTÁCULO !

“Endaterra” é o título do novo espectáculo, que imos comezar a montar, no Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina.

Con el queremos poñer en valor a variante do Camiño Inglés, entrando polo porto de  A Coruña até Santiago de Compostela, seguindo camiño até a súa prolongación natural: Fisterra-Muxía.

  Ler máis

 


Máis Xacaculturais Febreiro 2020


O vindeiro 15 de Febreiro temos programada unha visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón*

Hora da Visita 11:30 h.

Entrada de balde 

Inscricións na Secretaría da Asociación ata o 13 de febreiro.

Aprende e divírtete con Xaca! 

Ler máis
   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos