Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Hoxe actúa o Grupo de Música no Luar

Non o perdades O Grupo de Pandereteiros presentará as súas pezas no programa dirixido por Gayoso, no horario habitual.

 


Este fin de semana... Troula!

Non o esquezas! Todo preparado para a  Romaría Do Lecer e Foliada! Este fin de semana, o 6 e 7 de Xullo!




 


Cancelación do Concurso de Baile

A Xunta Directiva da A.C. Xacarandaina informa que: 

Unha vez rematado o prazo de inscrición o pasado sábado 15 de xuño, o número de grupos inscritos non acada o mínimo esixido para poder realizar un concurso destas condicións. Polo tanto, vémonos na obriga de cancelar a celebración do XXXIV Concuso de Baile Tradicional previsto para o vindeiro 30 de xuño no Centro Cultural Ágora da Coruña. 

O Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina lévase celebrando 33 edicións ininterrumpidas, cunha elevada participación tanto de grupos coma de público, polo que foi una decisión moi difícil de tomar pola nosa parte. 

Pedimos disculpas a todos os participantes e a todo o público polas molestias que lle poidan ocasionar.

 XUNTA DIRECTIVA DA A.C. XACARANDAINA.


   

Concurso de baile

Fin da inscrición no Concurso de Baile

Lémbrase a todos os interesados que a inscrición no Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina permanecerá aberta ata o 15 de xuño. 

 Esta 34 edición celebrarase o 30 de xuño de 2013 no Centro Ágora de A Coruña. 

Máis información na nosa web sobre o Concurso.


 


Gorechos, Zarzallo, Pillabáns e Rebuldeiros.

O 9 de xuño participarán no Día da Muiñeira de Arteixo os grupos da Escola de Xacarandaina: Gorechos, Zarzallo, Pillabáns e Rebuldeiros.

Esperamos que o pasen moi ben e animámosvos a acodir a esta gran celebración!


   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos