Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Camiño dos arrieiros - etapa 1

Novo Roteiro - XacadAndaina

1ª Etapa do Camiño dos Arrieiros 

O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 km., unindo As Pontes co Porto de Vares. Divideremos esta ruta en dúas etapas, nesta ocasión realizaremos o primeiro treito duns 24,5km., a través do Concellos das Pontes. 

Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos. Máis de 80 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.

Ler máis
 


Actuación de Xasteirazo e Argallo

Os grupos de alumnos da asociación Xasteirazo e Argallo actuarán na Residencia Santa Teresa (Eiris de Arriba s/n) o domingo 7 de Abril ás 11.30 da mañá.

Esperámosvos!

 


Crea o teu propio pandeiro!

Xa temos as datas do curso para crear o teu propio pandeiro!

Será o 6 de maio ás 17:00h no local da asociación ónde con Xosé Maceda aprenderedes a crear un este sinxelo instrumento de música tradicional, con todo o material incluído, durante unha clase de 4 horas.

O prezo, coma sempre, con ventaxas para ós socios:

  • 55 € para socios
  • 65 € para non socios
A inscrición remata o día 29 de abril 

Podedes cliclar aquí para ter máis información

E lembra que temos outro interesante cursiño moi relacionado coa nósa cultura: o curso de pasamanería 


Ler máis
   

Cartaz pasamanería

Curso de Pasamanería en Xaca!

Ofrecémosvos un interesante curso de pasamanería! Aprenderás esta técnica tan empregada na roupa tradicional.

Este novo curso será os vernes do 5 de abril o 10 de maio. En total 6 tardes.

Os horarios

  • Venres de 19:30 a 21:00h
  • Venres de 21:00 a 22:30h

E os prezos, coma sempre, ventaxas para socios:

  • Socios: 35€ 
  • Non Socios: 48€
Ademáis, estamos a preparar máis cursos relacionados co folclore... achégate ó noso facebook para coñecelo!
Ler máis
 

Marzo sen roteiro

Marzo sen Roteiro!


Este mes non teremos saída debido a incompatibilidades de datas por as moitas actividades da asociación. Xa estamos a preparar a seguinte ruta para abril!


   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos