Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Xacafestas!

Éxito das Xacafestas

As Xacafestas son xa un éxito! Na última que celebramos, o noso local encheuse de rapaces para celebrar unha estupenda e divertida festa de cumpreanos.

Non atoparás un lugar mellor para celebrar a túa festa favorita, cheo de comodidades e adaptándose o teu horario sen problemas!!!!

A diversión está asegurada!!

Podes ver a entrada no Xacablogue


Para máis información, contacta coa Asociación.




 

Emigrantes parten cara Galizien Amerika Linie

Último aviso: Galizien Amerika Linie

Galizien Amerika Linie parte este sábado ás 22:00h con destino ás Américas. Grupos de emigrantes recorreron durante o día de hoxe as rúas da Coruña para cargar as súas escasas pertenencias no barco que os levará ó seu novo destino. 

Se queres saber o que lles acontecerá, non perdas Galizien Amerika Linie, o novo espectáculo de Música e Baile Tradicional de Xacarandaina, o sábado 16 de febreiro, no Teatro Colón de A Coruña.

Máis información e venta: ligazón | Nova en La voz de Galicia



 


Non queda nada...

GALIZIEN AMERIKA LINIE

Espectáculo de Música e Baile Tradicional de Galicia

16 de Febreiro 22:00 - Teatro Colón - A Coruña

Mercade as vosas entradas antes de que se esgoten!

   


Festa de entroido

O día 10 de febreiro celebraremos a festa de Entroido en Xacarandaina!

O pasaremos moi ben con xogos, música, agasallos e Concursos de Disfraces


Pásate polo local a partir das 17:00!

 


XacadAndaina: Retomamos o roteiro do Monte Pindo

Ascenso ao Monte Pindo e de descenso polo lugar de Feiro (Dumbría). Esta é unha ruta clásica do sendeirismo galego, e destaca polas espectaculares vistas desde o Monte Pindo, moi recomendable. A lonxitude da andaina é de 10 km. e a dificultade media, a ruta non é circular. O autobús non ten acceso durante gran parte de recorrido, esperará por nós en Dumbría, no descenso por Dumbría.

Esta ruta estaba prevista para o día 20 de xaneiro, pero debido ao mal tempo foi cancelada, por eso queremos recordaros a todos que estades a tempo para inscribiros. As previsións metereolóxicos a día de hoxe, para o domingo son boas, non dan choiva aínda que é cedo para aseguralo.

Recuperamos a ruta o día 3 de febreiro 

  • O prezo é de 15€ para socios, e 19 € para os non socios.
  • Saíremos, como é habitual, o domingo 8:00 do Pazo da Ópera, pero debedes estar alí ás 7:45, para sair moi puntual.
  • Lembrar que os asistentes a todas as saídas, poderán asistir gratuítamente á derradeira ruta do ano.


   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos