Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Ludoteca de Nadal 2012

Ludoteca de Nadal

Está chegando o Nadal e en Xacarandaina preparámonos para que os cativos e rapaces poidan disfrutar das vacacións do cole na mellor compañía. 

Este ano, coma sempre, ofertamos para socios e non socios a Ludoteca de Nadal 2013. A ludoteca está orientada á diversión e disfrute dos pícaros sen esquencer o folclore e a cultura tradicional galega.

Ler máis

 

Concurso de Postais

Concurso de Postais de Nadal

Coma todos os anos, a AC Xacarandaina organiza o tradicional Concurso de Postais de Nadal.

Entrega a túa postal ata o sábado 15 de decembro na secretaría.


Boa sorte!

 


Xacaculturais para o mes de novembro

Estreamos as visitas culturáis este mes de novembro coa exposición "O espello do pintor" baseada na obra de Eugenio Granell na Fundación Caixa Galicia

As datas son:


  • 15/11 ás 18h. Rapaces desde 4 anos. Inscrición ata o día 10
  • 22/11 ás 20h. visita guiada para adultos. Inscrición ata o día 17


Presentarse 15 minutos antes

O prezo: 1€ para socios, 2€ para non socios.

Duración: 1h Ler máis

   

XacadAndaina

Novos Roteiros XacadAndaina

Retomamos o contacto coa Natureza grazas ós roteiros de sendeirismo XacadAndaina! Os anteriores anos camiñamos por toda a nósa comunidade seguindo e coñecendo os diferentes Camiños de Santiago.

Este Outono propoñémosvos achecarnos ata unha dos recodos máis fermosos e virxes de Galicia: O Courel.

Este primeiro roteiro será duns 18 km. pasando por Seoane do Courel,  Mercurín, Pederne e volvendo a Seoande do Courel

Ler máis
 

Lotería de Nadal en Xacarandaina

Lotería de Nadal

Xa está aquí o número da "Lotería de Nadal". Este ano é o 41.018 e o sorteo celebrarase o 22 de decembro de 2012. 

Sorte a todos!

Ler máis

   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos