Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Venda de localidades - XXXIIII Concurso de Baile

As entradas terán un prezo de 7,00€ e serán numeradas. Poderán ser mercadas en:

 * www.servinova.com (con comisión de compra por internet)

* No quiosco da praza de Ourense de A Coruña 12 a 12:30 e de 17 a 19:30

* Chamando ó teléfono 902 504 500

* Na taquilla do Pazo da Opera o día do Concurso dende unha hora antes do comezo do concurso. 

ACTUALIZACIÓN: a taquilla estará aberta de 10 a 13 h.

 


Chegamos! Fin do Camiño de Inverno

Por fin chegamos! Rematou o Camiño de Santiago que a AC Xacarandaina organizou neste ano 2012. Esta vez tocoulle ó Camiño de Inverno, que nos levou polas máis fermosas rutas do pais. Así que para festexalo deixámosvos unhas fotos dos vizosos peregríns!

Ler máis
 


Programa XXXIII Concurso de Baile

O XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina terá lugar o día 8 de xullo de 2012 no Pazo da Opera de A Coruña, sito na Glorieta de América s/n – 15004 A Coruña .

O concurso comenzará ás 11:00

Por outro lado, deixámosvos o Programa deste XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

Recordámosvos que de atopar algún erro non dudedes en contactar por medio da nósa dirección de correo electrónico.

Para a información sobre as localidades consulta esta ligazón.

Ler máis
   


Fin da Inscrición - Ludoteca de Verán '12

Recordámosvos que remata a inscrición na Ludoteca de Verán o 28 de Xuño!

Na Ludoteca de Xacarandaina os rapaces poderán pasar un moi bo rato de 10 a 14h durante o mes de xuño, a primeira quincena de agosto e setembro celebrando as mini-olimpiadas de Xacarandaina.

Lembra tamén que a inscrición non é necesaria para días soltos.


Máis información: ligazón

 


Actividades de Verán

Coma todos os últimos anos, a Asociación non  para en verán!

Seguimos a ter actividades no mes de xuño para todos vós. Aquí vos presentamos o horario para que poidades consultar as vosas clases favoritas.

Ligazón ó horario - Actividades de Verán 2012 - Xacarandaina

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos