Novas

Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Garagao e Tambo no Concurso de Tequexetéldere

Os mozos e mozas do grupo Garagao e Tambo que van a clase con Fátima Freire participarán este domingo día 17 na Categoría C do VII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada. Moita sorte a todos!

Entradas:

Ler máis
 


XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Xa se atopan dispoñibles para a súa descarga as bases e a insrición para o XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina que se celebrará o día 29 de maio no Coliseum de A Coruña.

 

Fai click aqui para descagalas ou tamén a podes atopar no menú superior "Concursos" > "Bases, Inscricións".

 


Premio para Chuchamel en Xiradela

O grupo de pandereteiras Chuchamel, alumnas de María Criado, participou no Concurso de Música Tradicional de Xiradela de Arteixo este domigo 10 de abril e acadou o segundo premio da categoría B. Noraboa a todas elas!


   


Premios Camisetas Achegarte

O nóso stand atopábase xusto ó entrar no primeiro piso. Que vos parece?

 

Se queredes ver máis fotos so tedes que ir ó apartado correspondente na nosa web.

Aquí están os gañadores das 10 camisetas. Noraboa! Podedes pasar por Xaca a recollelas!!

 

Tamén podedes visitar o noso facebook!

 

Ven a Achegarte!

Xacarandaina na feira de AchegARTE 2011

Xacarandaina estará no AchegARTE 2011 organizado pola Concellería de Cultura no que participarán tamén máis de 100 empresas ou entidades culturais e ó redor de 70 stands.

Nós estamos preparando o noso propio stand e o intentaremos facer o máis atractivo posible, nunha combinación de tradición e modernidade! Vai actuar un grupo da nosa Asociación e faremos un obradoiro de baile tradicional para pequenos. As datas son as seguintes:

PALEXCO
Sábado, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 22:00
Domingo, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 2100

KIOSKO ALFONSO
Sábado e domingo: de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:00

 

Manterémosvos informados e esperamos a vosa visita!!!

   

Axenda

Agosto 2018
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos