Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Fin de semana en San Isidro

A fin de semana do 25 ao 27 de marzo vente a esquiar con Xacarandaina á estación de S. Isidro (León)! O prezo inclúe aloxamento e media pensión no Albergue de Felechosa e forfait para as pistas durante os dous días. Non inclúe transporte, pero non te preocupes se non tes como desprazarte, pois nos organizaremos cos coches particulares! A inscrición e o pago debe realizarse antes do 11 de marzo.

Ler máis

 


Excursión cara o "Serán dos namorados"

O serán dos Namorados de Toutón é célebre pola súa numerosa asistencia xa que foi uns dos primeiros en recuperarse. “Serán” é o nome que se lles dá, nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra, ás festas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban polo “serán”, á tardiña…

Ler máis

 


Xacacultural infantil

O venres 25 ás 18:30 será o momento dos máis pequenos. Faremos un percorrido infantil adaptado aos nenos (de 4 a 10 anos) a través do cal terán a súa primeira toma de contacto co museo. Coñecerán o edificio e algunhas obras da colección, xogando coas cores, as figuras e os fondos dos cadros e descubrindo as diferentes personaxes e historias que as obras nos amosan. A actividade inclúe unha visita e un obradoiro. A inscrición remata o mércores 23. Esta actividade é gratuíta.

   


Xacacultural para adultos

O sábado 19 ás 18:00 h. visitaremos o Museo de Belas Artes, a pinacoteca máis importante da Coruña. A través das diferentes salas coñeceremos as pezas máis destacadas expostas no museo, nunha viaxe polo tempo que nos leva desde as obras do renacemento e barroco ata as pezas de arte contemporánea, pasando polos gravados de Goya, as obras dos pintores realistas e románticos do XIX e as pinturas e esculturas máis destacadas dos artistas galegos representados na colección. O prazo de inscrición remata o xoves 17. Esta actividade é gratuíta.

 


Xacadeandaina

A cuarta etapa do camiño a Fisterra terá lugar o domingo 20. Camiñaremos de Hospital a Sardiñeiro (21 km.). O prezo para os socios é de 13 € e para non socios de 16 €.

Ler máis

   

Axenda

Xunio 2018
L M Me X V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos