Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Chuchamel no Concurso Xiradela

Coincidindo co día da celebración da Exhibición Interna, o domingo 22 de abril, o Grupo Chuchamel participará no Concurso de Pandereteiras Xiradela en Arteixo. Os horarios todavía están por definir. Moita sorte!!!!

 


Exhibición Interna dos Grupos

Xa está aquí un das primeiras citas fixas do ano: a Exhibición Interna dos Grupos da Asociación! Neste acto poderedes ver un adianto das actuacións do fin de curso, xa que todos os grupos da Asociación nos presentan o traballo que levan feito ao longo do curso. Terá lugar o domingo 22 de abril ás 11:00 h no Teatro do Colexio Calvo Sotelo.

Consultar o horario deste ano 2012

 

Gala Galizien Amerika Linie

Galizien Amerika Linie en Narón

Se na saída do primeiro barco quedaches en terra non te preocupes.

Tes unha nova oportunidade: o 14 de abril sae o segundo barco rumbo a América, consegue o teu billete e zarpa con nos no Pazo da Cultura de Narón.

Nota: As entradas para Narón non se poden mercar por Internet.

Existe a posibilidade de reservas por teléfono: 981 10 28 97. Horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20 h.

Ler máis

   

Camiño de Inverno

8ª Etapa do Camiño de Inverno

O domingo 15 de abril de 2012 nos colocaremos as botas de camiñar para facer a 8ª etapa do Camiño de Inverno. Desta volta recorreremos dende Monte Faro á Ponte Pedroso, facendo un total de 23 km.

Ler máis

 

Xacaculturais: Museo de Belas Artes

Xacaculturais de Abril

Duas novas exposicións que visitar en abril da man de Xacaculturais:

Por un lado temos a visita guiada ó Museo de Belas Artes de A Coruña que nos permitirá facer unha visita xeral do museo e coñecer as dez obras do novo depósito que o Museo Nacional del Prado fai para compensar o levantamento do depósito dos lenzos de Vicente Carducho.

Ler máis
   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos