Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



7ª Etapa do Camiño

O domingo 25 de marzo de 2012 nos colocaremos as botas de camiñar para facer a 7ª etapa do Camiño de Inverno. Desta volta recorreremos dende Diomondi a Monte Faro, facendo un total de 21,5 km.

As instruccións son:

  • Presentación no Pazo da Ópera ás 7:45
  • Saída ás 8:00 con moita puntualidade
  • Entrega da acreditación de peregrino
  • Contaremos co bus como apoio durante toda a xornada
  • Inscrición preferente: ata o día 17 de marzo
  • Inscrición e pago ata o día 22 de marzo
E lembra! Estamos a 100km. de Santiago. Se comezas o camiño con nos inda estás a tempo de obter a "compostela".

Ler máis

 

Galizien Amerika Linie en Vilalba

Estrea de GALIZIEN AMERIKA LINIE

Este sábado 10 o Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina presenta o seu novo espectáculo etnográfico: Galizien Amerika Linie.

A emigración, un tema tan vencellado con Galicia, é o eixo desta nova proposta escénica, con tanta repercusión na nosa terra; nunca tal se vira que afectara a tal cantidade de persoas, familias enteiras, pais e fillos separados  e, nembargantes, tan lonxano coma actual e presente.

Esta gran homenaxe de Xacarandaina partirá por primeira vez dende o Auditorio Carmen Estévez de Vilalba, ás 20:30h con entrada de balde.

Ler máis
 

Xacaculturais Marzo

Xacaculturais de Marzo

Cambio no horario: agora é ás 19:30

Este mes de marzo preparamos unha visita ó Museo de Emilia Pardo Bazán e a Real Academia Galega. Dúas visitas moi interesantes que seguro valen a pena.

Visitaremos o salón de actos da RAG no que falamos de aspectos vinculados á mesma: antecedentes, académicos, departamentos e servizos que a compoñen.

A segunda parte da visita acontece na casa Museo na que a través das distintas estancias que a compoñen explicamos a figura, vida e obra de Dona Emilia

A duración aproximada da visita é de unha hora. Ler máis

   

Rafting con Xacarandaina

Descenso do Sella

Cambios na Actividade:

Este ano Xacarandaina propón unha fin de semana de aventuras en Cangas de Onís (Asturias). Será a fin de semana do 23 ó 25 de Marzo.

O plan inclúe dúas noites de hotel con réxime de almorzo, descenso do Sella e partida de Paintball.

 

Ler máis
 

Sexta etapa do Camiño de Inverno

Seguinte etapa de XacadAndaina

O domingo 26 é a sexta etapa do Camiño de Inverno:

Desta volta toca a etapa Monforte-Diomondi que serán uns 23 km de recorrido.

Coma sempre deberedes estar no Pazo da Ópera ás 7:45 e xa sair no bus ás 8:00 da mañá. O mesmo bus estará de apoio toda a xornada. Coma sempre se entregará a acreditación de peregrino.

A inscrición preferente será ata o día 18 de Febreiro O resto das inscricións e os pagos ata o 23 do mesmo mes.

Coma se ven facendo, Xacarandaina quere premiar a fidelidade dos peregríns, así que os prezos van baixando pouco a pouco, cara o final do camiño. Nesta etapa son:

  • Socios: 15€
  • Non Socios: 19€

No caso de non asistir á andaina, deberá ser avisado antes de que remate o prazo de inscrición. Do contrario non se devolverá o importe.

 

Ler máis
   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos