Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Xacaculturais Marzo

Xacaculturais de Marzo

Cambio no horario: agora é ás 19:30

Este mes de marzo preparamos unha visita ó Museo de Emilia Pardo Bazán e a Real Academia Galega. Dúas visitas moi interesantes que seguro valen a pena.

Visitaremos o salón de actos da RAG no que falamos de aspectos vinculados á mesma: antecedentes, académicos, departamentos e servizos que a compoñen.

A segunda parte da visita acontece na casa Museo na que a través das distintas estancias que a compoñen explicamos a figura, vida e obra de Dona Emilia

A duración aproximada da visita é de unha hora. Ler máis

 

Rafting con Xacarandaina

Descenso do Sella

Cambios na Actividade:

Este ano Xacarandaina propón unha fin de semana de aventuras en Cangas de Onís (Asturias). Será a fin de semana do 23 ó 25 de Marzo.

O plan inclúe dúas noites de hotel con réxime de almorzo, descenso do Sella e partida de Paintball.

 

Ler máis
 

Sexta etapa do Camiño de Inverno

Seguinte etapa de XacadAndaina

O domingo 26 é a sexta etapa do Camiño de Inverno:

Desta volta toca a etapa Monforte-Diomondi que serán uns 23 km de recorrido.

Coma sempre deberedes estar no Pazo da Ópera ás 7:45 e xa sair no bus ás 8:00 da mañá. O mesmo bus estará de apoio toda a xornada. Coma sempre se entregará a acreditación de peregrino.

A inscrición preferente será ata o día 18 de Febreiro O resto das inscricións e os pagos ata o 23 do mesmo mes.

Coma se ven facendo, Xacarandaina quere premiar a fidelidade dos peregríns, así que os prezos van baixando pouco a pouco, cara o final do camiño. Nesta etapa son:

  • Socios: 15€
  • Non Socios: 19€

No caso de non asistir á andaina, deberá ser avisado antes de que remate o prazo de inscrición. Do contrario non se devolverá o importe.

 

Ler máis
   

Quinta etapa do Camiño de Inverno

Nova etapa de XacadAndaina

O día 5 de febreiro é a nosa próxima cita no Camiño de Inverno.

A ruta comezará en Barxa de Lor e camiñaremos ata Monforte de Lemos, arredor de 20 km. Esta etapa é máis curta e a típica visita farémola ao remate da andaina, así non andaremos co tempo tan xusto.

NOTA: No caso que fora necesario o pago da entrada a museos ou monumentos non iría incluída no prezo.

A inscrición xa está aberta, e remata o 2 de febreiro, data límite de pago.

Lembrade que no caso de non asistir a andaina, deberá ser avisado antes de que remate o prazo de inscrición e pago, se non, non se devolverá o importe.

Como dixemos ao comezo das andainas deste ano, os prezos baixan tras as primeiras etapas, nesta ocasión o prezo para socios son 15 € e para non socios 19 €.

Ler máis
 

Entroido en Xacarandaina

Festa de Entroido!

Temos preparada unha festa para os rapaces e rapazas da asociación o domingo 19 de febreiro ás 17 h.

Haberá música, bailes, moitos xogos, agasallos, merendola, … e moita, moita diversión.

Ler máis

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos