Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Serán dos Namorados de Toutón

Ven a Toutón con Xacarandaina!

Será o sábado 11 de febreiro en Toutón (Mondariz).

O plazo para apuntarse é ata o 4 de febreiro.

Se o número de apuntados é suficiente habilitarase un autobus para gozar o máximo da festa!

E lembrade que cantos máis sexamos máis barato sae o bus :)

 

Ler máis
 

Camiño de Inverno con Xacarandaina

Nova Etapa do Camiño de Inverno

O domingo 22 de Xaneiro retomamos o "Camiño de Inverno"!

Desta volta toca a etapa Bendilló - Barxa de Lor que serán uns 24 km de recorrido.

Coma sempre deberedes estar no Pazo da Ópera ás 7:45 e xa sair no bus ás 8:00 da mañá. O mesmo bus estará de apoio toda a xornada

A inscrición preferente será ata o día 14 de Xaneiro. O resto das inscricións e os pagos ata o 19 do mesmo mes.

Os prezos son:

  • Socios: 17€
  • Non Socios: 21€

No caso de non asistir á andaina, deberá ser avisado antes de que remate o prazo de inscrición. Do contrario non se devolverá o importe.

Ler máis

 

Patinaxe con Xacarandaina

Patinaxe sobre Xeo!

EVENTO CANCELADO

O día 26 de Xaneiro, ás 17:45 h esperámosvos no Coliseum de A Coruña para ir a patinar sobre xeo!

A actividade comezará ás 18:00 h. O prezo será 5€ para socios e 6€ para non socios.

O plazo límite para a inscrición é o 23 de Xaneiro. Lembrade traer luvas para protexer as mans!

Ler máis
   


Cesta de Nadal

Este ano a tradicional Cesta de Nadal de Xacarandaina quedou sen dono!

A sorte quixo que o número 68 fose o premiado, nembergantes ningún dos socios escolleu este número.

Polo tanto, a Cesta de Nadal de Xacarandaina dependerá do resultado do Sorteo do Neno, o 6 de Xaneiro de 2012.

Polo momento quedan números que podedes escoller así que non perdades a vósa oportunidade.

 

Concurso de Postais da Asociación Cultural Xacarandaina

Postal Gañadora

Esta é a postal gañadora do concurso de postais do nadal que coma en anos anteriores se ven organizando na A.C. Xacarandaina.

Parabens a "Alba Lorenzo Tunez - 8 anos" e agradecemos a participación do resto dos rapaces.

 

Ler máis
   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos