
Xacaculturais xuño 2019
Novas actividades Culturais para este mes de Xuño:
13 de Xuño visita á colección de arte da Fundación María José Jove :
A colección iniciase a mediados da década dos noventa coa voluntad de reunir unha selección de obras de arte galego que, posteriormente, irase ampliando ata formar un abano de figuras e movementos artísticos nacionais e internacionais dos séculos XIX al XXI. A colección, pertence a Manuel Jove Capellán,e é cedida con carácter temporal no ano 2005 á Fundación María José Jove. Inscricións ata 11 de xuño.
29 de xuño Visita ao Museo Provincial de Pontevedra:
O Museo de Pontevedra naceu o 30 de decembro de 1927, por iniciativa da Deputación Provincial. Abriu as súas portas ao público o 10 de agosto de 1929. Dende aquela foi ampliando considerablemente as súas coleccións e os edificios que as acollen ata chegar aos seis actuais. Cinco deles están situados dentro da antiga cidade medieval amurallada e o outro a súa beira .Inscricións ata 27 de xuño.
Inscrcións na Secretaría da Asociación!
Ler máis