Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Curso de técnica vocal

Impartirase na Asociación un curso de Técnica Vocal impartido por Carmen Rey.

 



ligazón: Cartel grande Técnica Vocal

 


Ludoteca de Nadal

Este ano tamén teremos LUDOTECA DE NADAL para rapaces de 3 a 12 anos en horario de 10 a 14h....

¡¡¡Apúntate!!!


ligazón: Cartel Grande Ludoteca Nadal 2011;

 


Entradas da XX Edición do Premio IAR

A gala da entrega da XX Edición do Premio Iar de Folclore Galego será o próximo día 20 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e dará comezo ás 19:30 horas.

As entradas pódense mercar a traves da web de Servinova ou na Praza de Ourense sendo o prezo de 5,00€.

 

Ler máis
   

premio_iar

Premio Iar do Folclore Galego a Xacarandaina

Temos a satisfacción de ter acadado o premio IAR do Folclore Galego que concede a Asociación de Veciños Castrillón - Urbanización Soto. O Xurado do Premio quixo deste xeito destacar a traxectoria do noso grupo e o seu labor de recuperación do vestiario e das tradicións artísticas galegas, manifestadas no amplo repertorio do Grupo de Música e Bailes.

Xacarandaina recibirá o premio o 10 de decembro, a partir das 19:30h. no Festival que organiza cada ano esta asociación  e que será celebrado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no que actuarán tamén os grupos "Coros y Danzas Castiella" de Cabezón e Pisuerga (Valladolid) e "Os Melidaos" de Melide.

Ler máis
 


Nova Xunta Directiva da Asociación

En Asemblea Extraordinaria celebrada o día 26 de Novembro de 2011 resolveuse o nomeamento dos novos cargos da Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina. Estes novos cargos son:

Presidente: René Gómez Martínez
Secretario: Pablo Federico Garea
Tesoureiro: Alejandro Cangado Fernández
Vogal de Grupo: Martin Rio Cayon
Vogal e Presidenta da Seccion Xuvenil: Jennifer Rey Dominguez

Pola súa parte, Jennifer Rey Dominguez, en calidade de Presidenta da Sección Xuvenil, nomeou, tal e como se especifica nos Estatutos da Asociación, o cargo de Vicepresidente da mesma:
Vicepresidenta Sección Xuvenil: Sabela Torres Maroño

 

Desexámoslle moita sorte e éxito a todos eles nas súas novas responsabilidades e expresamos o noso agradecemento a toda a Xunta Directiva saínte.

   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos