Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Xacarandaina Zaragoza 2011

O GMBT nas festas do Pilar

Actualiz.: Xacarandaina do Festival Nacional da Jota de Zaragoza (aragontelevision) a partires do minuto 23

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina actuará nas Festas do Pilar de Zaragoza na súa edición do ano 2011. A actuación estará enmarcada dentro do "Festival Internacional de la Jota" na famosa Praza do Pilar da capital aragonesa. O Grupo representará así a xota tradicional galega e vaino facer acompañado no cartel por grupos de Cataluña e Aragón, sendo retransmitido pola televisión pública de Aragón.

 

Ler máis
 

Medulas . Camiño de Inverno, Xacarandaina

Xacadandaina 2011: Camiño de Inverno

Este ano a ruta elixida é o Camiño de Inverno, opción tomada polos peregrinos a Santiago cando as neves impedían atravesar Pedrafita,  un camiño que non deixa indiferente. Cruza por excepcionais paraxes naturais e artísticas. Nos seus inicios o peregrino atopará a inigualable paraxe de Las Médulas, Patrimonio da Humanidade (1997). Non menos abraiante é a entrada en Galicia, seguindo o río Sil, deixando á dereita a serra da Enciña da Lastra, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dende o 2000.

Ler máis
 


Visita guiada infantil "Nace a historia"

VISITA DINAMIZADA INFANTIL Á EXPOSICIÓN "NACE A HISTORIA" na Fundación Novacaixagalicia.

Viaxaremos ao pasado da man dun pequeno escriba; o noso amigo ensinaranos como era a vida no Exipto faraónico.

Esta visita realizarase o venres 21 de outubro ás 19h. Os interesados deberán inscribirse na secretaría ata o mércores 19.

ACTIVIDADE GRATUITA

   


Visita guiada adultos "Nace a Historia"

VISITA GUIADA ADULTOS A EXPOSICIÓN "NACE A HISTORIA" na Fundación Novacaixagalicia.

Propoñemos unha viaxe ao pasado, afondando en cuestións como a sociedade e os aspectos cotiáns, a relixión e a morte ou o nacemento da escritura e as súas peculiaridades artísticas.

Esta visita realizarase o xoves 20 de outubro ás 20h. Os interesados deberán inscribirse na secretaría ata o luns 17 de outubro. .

Vémonos na nosa sede ás 19:45 h.

ACTIVIDADE GRATUITA

 


Día de Portas Abertas

O Día de Portas Abertas celebrarase o sábado, día 1 de Outubro, no local social de Xacarandaina.

Ven probar diferentes actividades de maneira gratuíta!

Só tes que mandar unha mensaxe electrónica especificando a que actividade ou actividades que res vir xunto co teu nome e un teléfono de contacto ou, directamente, vía telefónica ao número 981 277 315.

 

  • 16 horas: Haberá debuxo, pintura, guitarra, baile moderno (menores de 16 anos) e baile tradicional (maiores de 16 anos).
  • 17 horas: Haberá acordeón, gaita e baile tradicional (menores de 16 anos)
  • 18 horas: Haberá pandeireta e canto.

 

Anímate!

   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos