Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Dedícalle unha copla a Xacarandaina

Co gallo do día das letras galegas propoñémosche unha actividade. Escribe unha copla de formato tradicional (tres ou catro versos) que inclúa a palabra ‘Xacarandaina" ou "Xaca".
Pódesnos enviar varias coplas se o desexas a través do e-mail, ou ben déixaas na secretaría da Asociación, antes do día 17 de maio.
Entre todas as que se presenten escollerase unha que terá como premio un libro e dúas entradas para o XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (29 de maio no Coliseum).

 


O galego medra contigo

A Concellería de Mocidade trae a Xacarandaina un obradoiro lúdico-musical a cargo de Pablo Díaz, Olga Kirk e Álex Fente. Está orientado a rapaces de ata 10 anos, e virán o xoves 12 de maio ás 18h. Actividade é de balde e aberta a todo o público.

 

 

I Mostra de Danza Actua Xacarandaina

Xacarandaina na I Mostra de Danza de Galicia - Fotos

Se queredes ver fotos do evento, podedes empregar o noso perfil en Tuenti! Próximamente na páxina web e en FB!

O Grupo de Música e Bailes Tradicionais de Xacarandaina actuará o sábado día 30 en Santiago de Compostela na I Mostra de Danza de Galicia, cita organizada polo Centro Coreográfico Galego (CCG) e a Axencia Galega de Iniciativas Culturais (AGADIC).

O evento reunirá máis de 20 horas de exhibición coreográfica combinados en diferentes escenarios dende o día 26 ata o día 30, fecha na que o nóso grupo actuará de 12:30 a 13:00 na Plaza Cervantes nunha exhibición aberta a todas e todos os que se queiran achegar.

Xacarandaina combinará a música das pandereteiras e dos gaiteiros, intercalándose e acompañando ás pezas de baile tradicional por espazo de media hora. Algunhas destas coreografías serán estreadas por primeira vez ó público coa finalidade de seguir dando a coñecer a nósa rica tradición artística.

 

ligazón: dossier de prensa

   


Exhibición Interna da Asociación Cultural Xacarandaina

Aquí tedes os horarios da Exhibición Interna da Asociación Cultural Xacarandaina.

 

Ler máis
 

Garagao e Tambo no Concurso de  Tequexetéldere

Premios no Concurso de Tequexetéldere

Os grupos Tambo e Garagao participaron no concurso Tequetexéldere de A Estrada acadando os seguintes premios:

  • Tambo: 3º premio da Categoría C
  • Garagao: 1º premio da Categoría C
Accede á galería de imaxes aquí.
Noraboa a todos eles!
   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos