Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Visita Cultural ó MACUF con Xacarandaina

Xacacultural: visita ó MACUF

XACACULTURAIS.

Visita ó MACUF, o museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural - Unión Fenosa. FRECUENCIAS é unha proposta psicodélica, interactiva e lúdica na que se combina a arquitectura, o arte e as ciencias mediante unha sala de espellos e espectros, onde a autora, Eulàlia Bosch xoga dende a luz ata a táboa periódica de elementos.

 

  • Quedamos o Xoves 17 de marzo das 20:00 ás 21:00.
  • Inscrición na secretaría ata o luns 14. Actividade gratuita
 


Actuación de Chuchamel e O Rodicio en O Remanso

Os rapaces e rapazas da clase de pandeireta "Chuchamel" de María Criado e "O Rodicio" de Santi Pardo actuarán no Asilo "O Remanso" sito na rua Los Fuertes 11, cerquiña do Monte de San Pedro.

A actuación será o 1 de abril ás 18:30 horas e de seguro todos pasarán un moi bo rato xuntos!

 


XacaNovas de Marzal!

Novas do mes de Marzal: Festa de Antroido, Vacacións de Entroido, Laconada de Compoñentes e Ex-Compoñentes, Visita Cultural á exposición FRECUENCIAS Vacacións de entroido! e XACADANDAINA: 5ª Etapa do Camiño

Ler máis
   


Datas dos Concursos de Xacarandaina

A continuación preséntanse as datas dos Concursos de Xacarandaina:

 

Ler máis
 


Xunta Xeral Extraordinaria

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina, en reunión celebrada o pasado día 14 de febreiro de 2011 e de acordo co establecido nos estatutos da entidade, acorda convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar no local social da nosa entidade o vindeiro venres 4 de marzo de 2011 do seguinte xeito:

  • 21:00 h. en primeira convocatoria
  • 21:30 h. en segunda convocatoria
A orde do día será a seguinte:
1. Aprobación definitiva do cambio de inscrición da sección da asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, para pasar da Sección número 3 (asociacións xuvenís) á Sección número 1 (asociacións xerais).
   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos