Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Letras galegas 2019


Como xa vimos facendo outros anos , desde Xacarandaina queremos celebrar o Día das Letras Galegas cun vídeo e, para iso precisamos a vosa axuda!

Este ano faremos un vídeo con todos o material que nos enviedes a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Precisamos que vos gravedes contándonos cal é a vosa palabra favorita do galego e que significa para vós esa palabra, porqué é para vós a palabra máis fermosa da nosa lingua... Podedes saír vós dicindo a palabra, escribíndoa...

Os vídeos deben estar gravados en formato Horizontal.  

Data límite para envío de vídeos a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo 14 de maio.

Ler máis

 


Bases e Inscricións XXXIX Concurso Baile Tradicional

Acábanse de colgar as bases e inscricións do XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina que se celebrará o 2 de xuño no Pazo da Ópera de A Coruña.

Pódense descarregar dende aquí.

Ler máis
 


Festival Solidario de Primavera 2019




Tras o éxito en anos anteriores do Festival Solidario de Nadal, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza neste ano 2019 o Festival Solidario de Primavera a favor da Cociña Económica da Coruña.

O festival será o domingo 5 de maio ás 10:00 horas no Centro Ágora da Coruña, acto ao que estades convidados a participar.

Neste acto actuarán todos os grupos infantís, xuvenís e de adultos que temos na escola, das modalidades de baile, pandeireta e gaita tradicional.


Ler máis
   


Gala 40 anos de Música Tradicional Xacarandaina

O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.


Ler máis
 


Rede Cultural Deputación A Coruña 2019


Estamos inscritos na Rede cultural da Deputación de A Coruña.

Concellos e entidades poden solicitar os nosos espectáculos do Grupo de Música e Baile Tradicional ata o 13 de marzo. Busca no seguinte enderezo:

https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/redcultural/espectaculos



Para solicitar os espectáculos ou para máis información: 981277315 ou a través do noso correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo




   

Axenda

Novembro 2023
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos