Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Actividades do mes de Outubro

Este primeiro mes de Outubro o comenzamos con moitísimas actividades

Ás tradicionais actividades propias desta época nesta quenda súmanse novas propostas como a XORNADA DE PORTAS ABERTAS e a exitosa XacadAndaina.

Por outro lado, o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina participará na gala benéfica "VIAXE CARA A VIDA" xunto co grupo infantil "O Rodicio"

Ler máis
 


Resultados da Asemblea Ordinaria

Na Asemblea Xeral Ordinaria de 24 de setembro acordáronse os seguintes puntos:

  • A nova Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina conta con dous novos membros:
    • Ana Isabel Rodríguez Martínez é a nova Tesoureira da Asociación
    • María Eugenia Calvo García encargarase da Secretaría
  • Por outro lado Noela Rivas León volve a presentarse no cargo de Vogal de Grupo ante a ausencia de candidatos
  • Finalmente a Asemblea aprobou elevar a 20 euros a cuota anual de socios, aplicable para a cuota do próximo ano. Esta cuota será posible pagala en dous plazos de 10 euros, cada seis meses.
 


Gala benéfica a favor de "Viaje hacia la vida"

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina prepara a súa colaboración na gala benéfica organizada pola ONG "Tierra de Hombres" no seu programa solidario  "Viaje hacia la vida". A cita terá lugar o 22 de Outubro no Teatro Colón Caixa Galicia.

 

O Grupo tamén contará coa colaboración de un grupo de baile do Círculo de Actividades de Tempo Libre da Asociación composto por rapaces entre os 9 e os 14 anos de idade.

 

Ler máis
   

Asemblea Setembro 2010

Convocatoria de Asemblea Ordinaria

A Coruña, 23 de Agosto de 2010
 
Convócase a todas as socias e socios a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o vindeiro venres 24 de setembro no Local Social, sendo a primeira convocatoria ás 20:00 horas e a segunda convocatoria ás 20:30. A orde do día será a seguinte:

 

Ler máis
 


Xacarandaina actuará en Pola de Siero

Xacarandaina participa no XIV Festival Internacional de Siero "María Campos" organizado na cidade de Pola de Siero, Asturias. O programa, incluído nas festas do Carmen e Carmín da localidade asturiana,consta dun desfile de todas as asociacións, colectivos culturais, musicais e artísticos locais.

Ler máis
   

Axenda

Setembro 2023
L M Me X V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos