Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Exposición de Pintura

Exposición dos alumnos de Artes Plásticas

Volve unha das citas imprescindibles de Xacarandaina.

Os alumnos de  pintura amosarán os seus traballos feitos en diferentes técnicas de pintura: óleo, pastel, debuxo...

A exposición estará aberta do día 25 de xuño ao 2 de xullo, no Fórum Metropolitano de A Coruña.



 


Danza 3 2109


Un ano máis presentamos xunto a ACF O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos o ciclo de Espectáculos de Baile e Música Tradicional, DANZA 3.

Con esta edición de 2019 de Danza 3, colaboramos por sétimo ano consecutivo no colectivo XOC, traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio inmaterial.

Comezamos coa actuación dos Pandereteiros de Xacarandaina, Os do Fondo da Barra

 RECINTO FERIAL DA ESTRADA o vindeiro 8 DE XUÑO ás 12.30h.




 


Gañadores XXXIX Concurso Baile Tradicional

Reunido o xurado do XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina tomaron os acordos que se expoñen a continuación:


PREMIO A MELLOR BAILADOR/ MELLOR BAILADORA:


MELLOR BAILADOR: 1º Bailador de “ Brétema” da Casa Galega de L`hospitalet.


MELLOR BAILADORA: 3ª bailadora da fila de mulleres de “ Tras o Eo do C.C. A Pontevella.

 

Ler máis
   


Xacaculturais xuño 2019

Novas actividades Culturais para este mes de Xuño:


13 de Xuño visita á colección de arte da Fundación María José Jove :

A colección iniciase a mediados da década dos noventa coa voluntad de reunir unha selección de obras de arte galego que, posteriormente, irase ampliando ata formar un abano de figuras e movementos artísticos nacionais e internacionais dos séculos XIX al XXI. A colección, pertence a Manuel Jove Capellán,e é cedida con carácter temporal no ano 2005 á Fundación María José Jove. Inscricións ata 11 de xuño.



29 de xuño Visita ao Museo Provincial de Pontevedra: 
O Museo de Pontevedra naceu o 30 de decembro de 1927, por iniciativa da Deputación Provincial. Abriu as súas portas ao público o 10 de agosto de 1929. Dende aquela foi ampliando considerablemente as súas coleccións e os edificios que as acollen ata chegar aos seis actuais. Cinco deles están situados dentro da antiga cidade medieval amurallada e o outro a súa beira .Inscricións ata 27 de xuño.


Inscrcións na Secretaría da Asociación!

Ler máis
 


GAÑADORES XXX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina


GAÑADORES

XXX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Centro cultural Ágora, A Coruña - 19 de maio de 2019



Reunido o Xurado do XXX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina tomaron os acordos que se expoñen a continuación.

Ler máis

   

Axenda

Agosto 2019
L M Me X V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos