Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Visita Reis Magos 2018

As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente veñen a visitarnos o 21 de Decembro de 17 a 19.30 h.

Contaremos con Xogos e merenda.

Para os socios é de  balde e para os non socios 3 €

Anotacións na secretaría da Asociación. 

 Non esquezades as vosas cartas e ser bos ! 



 


Concurso Postais Nadal 2018

Postal gañadora do Concurso, a creación de Icía M. C. Llanos!







Queres participar no concurso e que a túa postal sexa a gañadora neste Nadal? Bótalle imaxinación e  explora a túa creatividade! 

- Poderá participar calquera soci@.

- Haberá tres categorías:


1ª Categoría: de 3 a 5 anos.

2ª Categoría: de 6 a 9 anos.

3ª Categoría: de 10 anos en adiante.

- O tamaño será de medio folio.

- Cada participante poderá presentar unicamente un traballo.

- Valorase a temática tradicional.

- Debe poñer o nome e idade de cada participante na parte posterior da postal.


Se a túa postal resulta gañadora será a felicitación de Nadal da Asociación.

O derradeiro día para a presentación das postais será o 18 de decembro.

Sorte a todas e todos!!!



 

 


Cantada de Nadal 2018

Un ano máis Xacarandaina realiza a xa tradicional cantada de Nadal.

Será o sábado 22 de Decembro a partir das 21.00 horas na rúa Florida. Música e baile na rúa! Diversión e celebración do Nadal da mellor forma que sabemos bailando e cantando! 


   

Cartel  Xantar 40 aniversario Xacarandaina

Celebración 40 aniversario Xaca!

Como xa sabedes Xaca cumpre 40 anos de traxectoria " educando para o mellor disfrute do lecer"!  Para celebralo organizamos unha comida o día 25 de novembro ás 14.00h no Restaurante El Pantano ( 30 euros/ persoa) 

Para Confirmar asistencia contacta con nós, ata o día 21 de novembro, na secretaria da Asociación, por teléfono no 981 277 315 ou a través do noso email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Esperamos que nos acompañes no noso 40 aniversario e entre todos seguir medrando e celebrando xuntos moitos anos máis! 




 

Lotaría

Xa temos a Lotaría de Nadal!

Xa temos dispoñible a lotaría de Nadal, xogamos co número 93032.

Pregunta na secretaría da Asociación.

E se toca en Xaca?

Non te quedes sen ela!




   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos