Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Serán '01

I Encontro Galego de Cultura Popular Serán '01

O fin de semana do 8,9 e 10 de xuño celébrase o I Encontro Galego de Cultura Popular con motivo da conmemoración da declaración do do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural (BIC). Será unha extensa axenda de actividades entre as que destacamos:

  • Festival Folclórico: vernes 8 de xuño
  • Foliadón: sábado 9 de xuño
  • Desfile do Traxe 'Sete Varas e un Refaixo: domingo 10 de xuño ás 11:30 horas no Museo Centro Gaiás.
  • Concerto de Coros Históricos: domingo 10 de xuño. ás 17:30 horas.

Ler máis
 

40 anos Xacarandaina

Xacarandaina Celebra 40 anos!

Xacarandaina celebra 40 anos! 

40 anos cheos de actividades: música, baile, deporte, pintura, teatro, visitas etc... pero sobre todo 40 anos cheos de persoas marabillosas que fixeron e fan posible que sigamos a celebralo.

Desde a Asociación, queremos facervos protagonistas a todas as persoas que durante estes 40 anos estivestes vinculadas a Xacarandaina. Envíanos a túa foto, vídeo, sentimento ou lembranza favorita e, xuntas, fagamos entre todos un arquivo emocional da historia real de Xacarandaina que perdure e se amplíe coas futuras xeracións.

Os datos son moi importantes! Comentádenos ano, lugar, clase, nome do grupo, algunha vivencia, un recordo, unha anécdota ou calquera outro dato que vos identifique dentro da historia da Asociación a través dunha foto, vídeo ou documento.

 Enviádenos as vosas vivencias á dirección de correo electrónico info xacarandaina.com e iremos publicando pouco a pouco nesta páxina.

 Festexemos xunt@s este 40 Aniversario!!


 

Danza3 en Pontedeume

Danza3 en Pontedeume

Volve o ciclo de danza nas rúas de Galicia Danza3. Esta vez será en Pontedeume o sábado 26 de maio e consistirá nun pasarrúas e actuacións no Casco Vello a partir das 19:00h.


   

Exposicion de Artes Plásticas en Xacarandaina

Exposición de artes plasticas do curso 2018

A semana do 7 ao 12 de maio a A.C. Xacarandaina realiza a Exposición de artes plásticas do alumnado da Asociación que se terá lugar no Fórum Metropolitano da Coruña.

Xacarandaina está chea de artista, non vos perdades esta magnífica exposición!

Esperámosvos!

 

Concurso de Baile

Bases do Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Acábanse de colgar as bases e inscricións do XXXVIII Concurso de BaileTradicional Xacarandaina que se celebrará o 3 de xuño no Pazo da Ópera de A Coruña. 

Pódense descarregar dende aquí.


   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos