Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Concurso Interno 2018

Selección Interna 2018

O próximo sábado 7 de abril terá lugar a Selección Intarna dos grupos de baile e música tradicional que asisten ao círculo de actividades do curso 17/18. O acto comezará ás 17:00 h. e terá lugar, como novidade, no Centro Ágora da Coruña.

Quedades tod@s convidad@s a participar deste evento e desfrutar das marabillosas actuacións dos grupos da nosa escola.


 


Vacacións de Semana Santa

A Asociación permanecerá pechada do 26 ó 30 de marzal, tempo que aproveitaremos para afrontar o fin do curso!

 

Visita familiar ó museo etnoludico de galicia

Visita guiada o Museo Etnoludico de Galicia

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha saída para as FAMILIAS, visitando o MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA o domingo 11 de marzo.

 A visita ao MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA está programada para as 11.00 h. Consistirá nun percorrido guiado no que se visitarán todas as instalacións do museo que recolle a maior colección do xoguete tradicional galego e unha retrospectiva sobre a vida do xoguete ao longo da historia.

 

Ler máis
   

Dani Bellon Obradoiro Afinacion Xacaradaina

Obradoiro de Afinación e Empalletado

Daniel Bellón será o encargado de impartir o curso, enfocado a un nivel intermedio onde se adaptarán os contidos ao nivel dos inscritos. Antes da realización do mesmo, enviarase a todos os inscritos un pequeno folleto con indicacións sobre o curso e material necesario para o mesmo.

24de marzo de 11:00-14:00 e de 16:00-19:00 no LOCAL DA ASOCIACIÓN.

É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 19 de marzo, xa que as prazas son limitadas. 

Prezo: Soci@s 40€/ Non soci@s 55€

 

Curso de enfiado de colares en Xacarandaina

Repetimos Obradoiro de enfiado de Colares!

O día 28 repetimos o obradoiro de enfiado de colares, con Ana Mato. Se che interesa, podes anotarte na secretaría de Xacarandaina.

Ana Mato será a mestra que dirixirá este obradoiro onde se aprenderá a técnica de enfiado tradicional e elaboración de ditos colares. Para asistir o curso será necesario traer hilo torzal en varias cores e tesoiras.

 Os prezos son os seguintes:

 1.Sen material: 

a. Soci@s: 10€ 

b. Non soci@s: 15€

 2.Con 40 doas e fío: 

a. Soci@s: 35€ 

b. Non soci@s: 40€

 

3.Con 40 doas, sapo de bixutería e fío:

 a. Soci@s: 70€

 b. Non soci@s: 75€

 O prazo de inscrición finaliza o 26 de febreiro e as clases serán impartidas a un mínimo de 10 persoas. Anótate na secretaría.

 


   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos