Xacarandaina

Estás en: Inicio

XacaNovas de Marzal!

Novas do mes de Marzal: Festa de Antroido, Vacacións de Entroido, Laconada de Compoñentes e Ex-Compoñentes, Visita Cultural á exposición FRECUENCIAS Vacacións de entroido! e XACADANDAINA: 5ª Etapa do Camiño

FESTAS DE ENTROIDO en Xacarandaina!

O domingo 6 ás 17:30 h. Os rapaces e rapazas da asociación podedes vir festexar o entroido a Xacarandaina.

Ofrecemos a todos os cativos que se acheguen polo local moitos xogos, disfraces, obradoiros de máscaras, merenda e moitas cousas mais!

Recorda, o domingo 6 ás 17:30h!!

 

VACACIÓNS DE ENTROIDO

O luns 7 e o martes 8 non haberá actividades en Xacarandaina, pero o sábado 5, teremos clases como habitualmente. 

LACONADA DE COMPOÑENTES E EXCOMPOÑENTES DO GRUPO XACARANDAINA


O venres 18 de marzal organizamos a xuntanza para todos os que estivechedes ou estades no Grupo de Baile e Música Tradicional Xacarandaina. Restaurante A Fontenova, ás 22 h. , esperámosvos a todos!!!

 

XACACULTURAIS.

Visita ó MACUF, o museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural - Unión Fenosa. FRECUENCIAS é unha proposta psicodélica, interactiva e lúdica na que se combina a arquitectura, o arte e as ciencias mediante unha sala de espellos e espectros, onde a autora, Eulàlia Bosch xoga dende a luz ata a táboa periódica de elementos.

 

  • Quedamos o Xoves 17 de marzo das 20:00 ás 21:00.
  • Inscrición na secretaría ata o luns 14. Actividade gratuíta
XACADANDAINA. 5ª Etapa do Camiño de Fisterra - Muxía
Desta vez toca xa o domingo 3 de Abril a quinta etapa do Camiño  que comprende Sardiñeiro - Faro Fisterra - Castrexe.
Como sempre:
  • Saída domingo 3 de Abril do Pazo da Ópera ás 8:30 e presentándose ás 8:15
  • Inclúe unha visita cultural e  o bus de apoio durante todo o día
  • Pago e prazo de inscrición ata o 31 de marzal
  • Inscrición preferente: ata o 18 de marzal
  • Prezo: socios 13€ non socios 16 €
Xa queda menos!!
Lembrade que se fas tódalas etapas a última xornada é GRATIS!!




 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos