Xacarandaina

Estás en: Inicio

Dedícalle unha copla a Xacarandaina

 

Moitas grazas a todos os que participáchedes no concurso "Dedícalle unha copla a Xacarandaina", foi moi difícil escoller a copla premiada, finalmente decidimos compartir o premio entre dúas persoas, as gañadoras son:

 

- Iria González Rivera

- Blandina Fernández Pazos

E aquí están as súas coplas; as de Blandina, unha xota e muiñeira enteira:

Blandina Fernández Pazos Iria González Rivera

Para cantar e bailar

vinde á festa que haber haina

onde aprender e gozar

Aquí en Xacarandaina

 

A casa chea de xente

con gana de foliada.

Se ti queres vir, vente

estamos en Xacarandaina

 

Bailar, cantar ou pintar,

tocar pandeireta e gaita

Tes que aprender e gozar,

como facemos en Xaca

 

Se queres desestresarte

e cantar e bailar ben

pasa por Xacarandaina

que diso hai moito tamén

 

Sexas nena, maduro ou moza

con moitos ou pocos anos,

podes aprender en Xaca

como poder melloralos

 

Xota de Xacarandaina

 

En Xaca hai un carballo

que moitas raíces tenhe

miles de fillos na terra

e no ceo unha tamenhe

(Volta)

 

Se miras ben cara ó ceo

hai unha estrela que brila

nese punto xa ten Xaca

unha mestra de por vida

(Volta)

 

Tódolos anos do ceo

moi contentos han de estare

que teñen a mellor mestra

de Xaca para bailare

(Volta)

 

Na Coruña hai moitos grupos

e tamén por fóra dela

que ben seguro, na semente

a seiva de Xaca levan

(Volta)

 

Xacarandaina ten moita sona

e longas raíces tamenhe

No de facer foliada

non lle gañará ninguenhe

(Volta)

 

Se pasa por Xacarandaina

dalle memoras a tres:

a Santi, a Belén Mato

e a Quique se os ves

(Volta)

 

Vou a dar a despedida

como facemos en Xaca

O quequeira bailar máis,

que busque quen toque a gaita

 

(Volta)

Se ti queres vir

a Xaca bailar

de noite ou de día

ou pola mañá (Bis 2)

"Cando coa dor non poidas

as ir pra Xacarandaina

lughariño pra bailare

que todo pesar amaina"

 

"Dis que non hai bailadores

como-os de Xacarandaina

que ben dan a media volta

que ben lucen a polaina"


 


 

Axenda

Agosto 2019
L M Me X V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos