Historia

Xacarandaina

Estás en: Inicio Historia
Erro
  • XML Parsing Error at 1:314. Error 9: Invalid character

Historia

1984-08-22-elideal
lorient 04

O Grupo de Música e de Bailes Tradicionais Xacarandaina formouse en outubro de 1978 na cidade da Coruña con membros de distintas agrupacións. O seu obxectivo principal e fundamental é a investigación e a interpretación do folclore do xeito máis fiel posible de como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido coa realidade. Pretende, polo tanto,   ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo.

Para conseguir o seu obxectivo, o Grupo desprázase polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo traballo de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos. Froito deste labor, o Grupo ten recollidos e montados ó redor de 150 bailes e outras tantas pezas de música.

No momento da súa formación o Grupo estaba composto por trinta persoas e dirixíano Rosi Ares e Lino Rivas. Na actualidade, o Grupo confórmano, aproximadamente, uns 50 compoñentes, na súa maioría procedentes da escola de Xacarandaina.

foto5

O Director do Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina é, desde novembro de 1.982, D. Henrique Peón Mosteiro.

A traxectoria de Quique Peón está vinculada dende hai anos ó folclore tradicional de Galicia. A súa laboura abrangue a investigación, a difusión e a interpretación dos códigos propios da danza e da música galegas. Froito destas ideas e do seu traballo de campo son os centos de melodías e danzas que ten recuperadas, e a súa longa traxectoria como bailarín e profesor de baile e música tradicional galega

O seu traballo como coreógrafo especializado en cultura tradicional levouno en 2007 a contactar co mundo da danza contemporánea, realizando labores de asistente coreográ fico con Mercé de Rande e formando parte do elenco do Kiosco das almas perdidas, producido polo Centro Coreográfico Galego e dirixido por Roberto Oliván. Hoxe en día, Quique Peón compaxina a súa faceta de investigador, intérprete e docente no eido tradicional, coas súas inquedanzas interpretativas e as novas experiencias na danza contemporánea.

O Grupo é o máximo expoñente dos ideais de conservación, divulgación e dignificación do folclore de Galicia, querendo situalo no lugar que lle corresponde dentro das artes escénicas. Este obxectivo preténdese acadar mediante a realización de espectáculos audiovisuais con baile e música tradicional, ofrecendo unha coidada escenografía e cunha gran riqueza e diversidade de vestiario de toda a xeografía galega.

Tamén ten na súa traxectoria un disco gravado en 1990 con temas recollidos polo Grupo e colaborou en varios discos de folclore internacional.

 

Grupo

Axenda

Decembro 2024
L M Me X V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos