Xacarandaina

Estás en: Inicio

Xacadandaina 2011: Camiño de Inverno

Este ano a ruta elixida é o Camiño de Inverno, opción tomada polos peregrinos a Santiago cando as neves impedían atravesar Pedrafita,  un camiño que non deixa indiferente. Cruza por excepcionais paraxes naturais e artísticas. Nos seus inicios o peregrino atopará a inigualable paraxe de Las Médulas, Patrimonio da Humanidade (1997). Non menos abraiante é a entrada en Galicia, seguindo o río Sil, deixando á dereita a serra da Enciña da Lastra, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dende o 2000.

Chegados á Ribeira Sacra, Itinerario Cultural Europeo dende o 2004, o peregrino  aventúrase polos Canóns do Sil cos seus impresionantes miradoiros.

Xa na mítica serra do Faro, é imposible non quedar abraiado perante unha panorámica que abrangue as catro provincias galegas. Dende o cumio, ao pé da ermida, parecerá que está máis preto de Santiago, tocando o mesmo teito do ceo.

A ruta non coincide con ningún camiño anterior, faremos unha etapa por mes aproximadamente, e como nas outras ocasións, facilitaremos a acreditación de peregrino para ir selando e acadar a compostela.

O autobús estará sempre dispoñible para os que queirades ou necesitedes abandonar o camiño polo cansanzo. Os prezos de cada etapa serán proporcionais ao custo do autobús, e irán diminuíndo ao achegarnos á nosa meta. Os que asistan a todas as etapas terán unha satisfacción adicional, a derradeira etapa do ano (curso) será gratuíta.

 

1º ETAPA: AS MÉDULAS- PUENTE DE DOMINGO FLOREZ

O domingo 23 de outubro ás 8 da mañá sairemos do Pazo da Opera. Ao chegar, dedicaremos a mañá a facer unha ruta visitando As Médulas (León), e despois comezaremos o camiño que nos levará ata a localidade de Puente de Domingo Florez, a 8 km.

INSCRICIÓNS E PREZOS:

 

  • A inscrición remata o xoves 19 de outubro
  • Os prezos son 17€ para socios
  • 21 € para os non socios.
  • As persoas que non son socios teñen ocasión de facerse, xa que resulta moito máis económica esta modalidade.

 

Medulas . Camiño de Inverno, Xacarandaina Camiño de Inverno, Xacarandaina

Contidos adicionais: mapa (pdf) | cartaz | cartaz con mapa

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos