Xacarandaina

Estás en: Inicio Recollidas

Recollidas

Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real. Pretendese con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo.

Para maior entendemento do traballo de recuperación do baile, a música e o traxe tradicional, detállanse unha serie de puntos que o Grupo considera imprescindibles para chegar a unha eficaz reconstrución, e así saber quen fomos, quen somos e cara onde vai o Grupo:

Nos bailes e danzas:

  • Recuperación da coreografía auténtica.
  • Selección dos puntos máis representativos e distintivos da zona.
  • Conservación do xeito de interpretación dos informantes (aire e corpo, braceo, posicións de pés etc.).
  • Respecto da orde e da estrutura xeral.
  • Manter as aptitudes e simbolismo da danza.

foto8

Na música respéctase:

  • Instrumentos específicos da zona.
  • dixitación (aberta ou pechada) e a tonalidade do gaiteiro informante.
  • A forma de acompañamento dos tamborileiros vellos (redobres, adornos etc.).
  • A estruturación e forma de tocar as pandereteiras.
  • Selección das coplas máis representativas ou que, ao longo da recollida, repiten máis, acatando as formas lingüísticas de seu.
  • A forma de tocar as castañolas ou castañetas e o seu acompañamento cos puntos.


No traxe:

  • Axudámonos da descrición feita polos informantes, dos traxes ou pezas que atopamos e dos gravados e fotos antigas.
  • Copiamos os patróns antigos.
  • Repectamos o tipo de tea (moitas delas feitas no tear) así como a súa cor.
  • Facemos os bordados imitando os antigos (pasamanerías do levantad etc.).
  • As xoias son reproducións exactas, feitas en prata dourada, tendo varios tipos de sapos e pendentes.
  • Coidamos que o calzado sexa o propio da zona (distintos tipos de zapato, zoco, zoca).
  • Mimamos o xeito de vestir as roupas aldeás que tiñan os nosos paisanos.
foto15


Plans e metodoloxía de traballo

Principalmente existe un labor de investigación para saber cal é a parroquia ou parroquias de cada concello, onde existe algunha información, parcial ou xeral das distintas materias. Tamén se trata de facer xuntas monográficas de cada tema, propiciando o ambiente de festa, con fin de clarificar e aunar criterios con respecto ao baile e poder gravar en cámara de vídeo o baile de conxunto. Gravarase e retratarase todo o material visual que poida existir: teares, aparellos, pezas de traxe etc. e monumentos de interese.

 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos