Xacarandaina

Estás en: Inicio

Premio Iar do Folclore Galego a Xacarandaina

Temos a satisfacción de ter acadado o premio IAR do Folclore Galego que concede a Asociación de Veciños Castrillón - Urbanización Soto. O Xurado do Premio quixo deste xeito destacar a traxectoria do noso grupo e o seu labor de recuperación do vestiario e das tradicións artísticas galegas, manifestadas no amplo repertorio do Grupo de Música e Bailes.

Xacarandaina recibirá o premio o 10 de decembro, a partir das 19:30h. no Festival que organiza cada ano esta asociación  e que será celebrado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no que actuarán tamén os grupos "Coros y Danzas Castiella" de Cabezón e Pisuerga (Valladolid) e "Os Melidaos" de Melide.

O premio IAR

O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país e con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

 

premio_iar
logotipo_iar

ligazón: cartel XX Edición Premio IAR

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos