Xacarandaina

Estás en: Inicio Espectáculos Etnográficos

Espectáculos Etnográficos

Xacarandaina ten representado por toda Galicia cinco espectáculos etnográficos que foron louvados pola crítica, o público e os medios de comunicación pola súa orixinalidade, calidade e rigurosidade escénica. Estes espectáculos pretenden ser unha mostra do noso folclore que abrangue tódolos seus aspectos nas súas múltiples manifestacións.

 

  Endaterra é un novidoso espectáculo de Música e Baile Tradicional no que se fusionan distintas artes escénicas, contando cunha banda sonora única e exclusiva e unha singular producción audiovisual, que fai de "Endaterra" recorra a cultura das dúas rutas menos exploradas de Galicia: O camiño Inglés e o Camiño a Fisterra-Muxía nunha viaxe en tres etapas dunha aristócrata inglesa e a súa doncela e namorándose de Galicia.

19 novembro- Culleredo
5 novembro-Abegondo
22 outubro- Oroso
15 outubro- Dumbría
27 agosto- Negreira
23 xullo- Santa Comba

   Endaterra


Espectáculo de Xacarandaina e Quique Peón Cía.: O Poder do Arcabuz

En colaboración con Quique Peon Cía., Xacarandaina presenta "O Poder do Arcabuz" como o seu maior espectáculo ata o momento. "O Poder do Arcabuz" transporta o espectador á apaixoante Loita Irmandiña levada a través de diferentes artes escénicas ó longo de tres emocionantes actos.

Fin de Espectáculo:  

16 e 17 de Decembro de 2017 - Teatro Colón





Galizien Amerika Linie, pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.

Seguindo a ligazón do cartaz da dereita obterás toda a información deste novo espectáculo de Xacarandaina. Nel participarán máis de 35 artistas, entre bailadores e músicos en conxunto con unha escenografía e estética renovada.

Espectáculo de Xacarandaina: Galizien Amerika Linie

Preme sobre os carteis para saber máis sobre os nosos espectáculos etnográficos

Camiño do Sul

Faise en cada un deles un percorrido pola xeografía de Galicia, mostrando a riqueza e variedade dunha cultura tradicional de raigame milenaria, con fondas raíces na terra que aínda pervive nas súas esencias. Para o público estranxeiro ou profano no tema, supoñen un achegamento á nosa cultura, evitando os tópicos, pero amosando o máis característico do noso país, unha visión xeral da cultura tradicional galega. Para o público máis coñecedor e xa iniciado, supón un profundizamento na riqueza etnográfica de Galicia. Son creacións totalmente nacidas do folclore galego, pero o seu novedoso xeito de articular o espectáculo cárgaas dunha enorme forza, vistosidade e expresividade.

Preme sobre os carteis para saber máis sobre os nosos espectáculos etnográficos


 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos