Xacarandaina

Estás en: Inicio Espectáculos Etnográficos Galizien Amerika Linie

Galizien Amerika Linie (2012 - 2015)

Nova Gala Etnográfica de Xacarandaina: Galicien Amerika Linie

De todos é sabido que os galegos fomos un pobo emigrante, pero aínda que nos toca a todos de preto, non somos o suficientemente conscientes do drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron para coa súa terra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, desde a distancia.

GALIZIEN AMERIKA LINIE pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.

Con tal propósito Xacarandaina está a montar un espectáculo no que se mesturará a propia actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta en escena con deseño de luz, deseño espazo sonoro e audiovisual, mesturando así a arte tradicional coas novas tecnoloxías, facendo de "Galizien Amerika Linie" algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos Galicia.

Representacións de Galizien Amerika Linie:

  • Santiago de Compostela:  16  de  febreiro 2014   -   20:00   -  Auditorio de Galicia
  • Vilalba :  10  de  marzo 2012   -   20:30   -  Auditorio Carmen Estévez de Vilalba
  • Narón :  14  de  abril  2012      -   20:00   -  Pazo da Cultura de Narón
  • Melide :  19  de  maio 2012     -   22:00   -  Pavillón Polideportivo Municipal de Melide
  • A Coruña : 11 de agosto 2012  -  22:30   -  Plaza de María Pita
  • A Coruña : 16 de febreiro 2013 -  22:00   -  Teatro Colón
  • A Coruña : 15 de agosto 2013  -  22:00   -  Plaza de María Pita


     

    Axenda

    Marzal 2024
    L M Me X V S D
    26 27 28 29 1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31

    Xacarandaina
    Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


    Xacarandaina


     

                                                             

     Logo Deputación de A Coruña


    Onde Estamos