Xacarandaina

Estás en: Inicio Concurso de Baile Tradicional

Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Final concurso Baile 2007 II

O Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina organízase desde o ano 1979 con grupos participantes de toda Galicia. No acto poden participar  grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas,  xuvenís, etc.

   Acceder á información do Concurso de Baile de este ano.

Resumo de Normas Xerais

Todos os grupos participantes deben cumprir as bases, onde se indica que os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e teñen que estar formados, como mínimo, por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

O uso de traxe tradicional é obrigatorio.

A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a AC Xacarandaina fora requerida por algún ente xestor de dereitos artísticos, remitiríase o pago ó participante.

No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar expresamente coa súa autorización.

Categorías

 4 categorías iniciais do Concurso, que son as seguintes:

-          Categoría A: ata os 10 anos

-          Categoría B: de 10 a 14 anos

-          Categoría C: de 14 a 18 anos

-          Categoría D: de 18 anos en adiante



NOTA: o contido desta páxina é simplemente un resume. Deben remitirse ás Bases do Concurso para máis información e estar atentos ós cambios que puideran surxir. A AC Xacarandaina non se fai responsable da falta de veracidade dos textos desta páxina.
 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos