Xacarandaina

Estás en: Inicio Outras actividades

Novo Curso: "Danzas do Mundo"

Os días 24 e 25 de Xaneiro, Xacarandaina propón un curso de “Danzas do Mundo” impartido por Suso Cancelas, posgrado en Expresión artística e Danza da Universidade da Coruña, recoñecido mestre en diversos cursos a nivel internacional e un longuísimo curriculo.

Interpretaranse danzas de Irlanda, Escocia e da Bretaña no local social de Xacarandaina.

O horario, como vedes é moi axeitado:

  • Venres pola tarde (de 19 a 22.30 horas),
  • sábado pola mañá (de 10 a 13.30 horas) e
  • sábado pola tarde (de 16 a 19.30horas)

PREZO: Socio 45€, Non Socio 60€


Límite para anotarse o 13 de Xaneiro.

Pago por adiantado. Mínimo 15 persoas para levar a cabo o curso.

Danzas do mundo

 

Axenda

Novembro 2023
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos