Xacarandaina

Estás en: Inicio Espectáculos Etnográficos Costumes e Saberes dun Pobo

Costumes e Saberes dun Pobo (1992)

etno1

Presentouse nesta gala, ademáis de bailes, cancións e xogos populares, folclore vivo con gaiteiros e pandereiteiras. Denomínase folclore vivo ó realizado polos nosos vellos, que aínda se lembran dos bailes de cando eran mozos que, do mesmo xeito que nós aprendemos deles, eles aprenderon á súa vez dos seus avós.
A utilización de luminotecnia, son, audiovisuais e decorados ademais da posta en escena de folclore vivo, fixeron desta gala un espectáculo anovador e único no que a folclore se refire, alén de ser pioneiro neste eido en Galicia e España.

O programa deste espectáculo é o seguinte:

    Primeira parte:
  1. Muiñeira de Aiazo (Frades, A Coruña)
  2. Pandeiretada de Cordeiro (Valga, Pontevedra)
  3. Mazurca e Xota de Espiñarcao (Abadín, Lugo)
  4. Canto de Berce das Mariañas (Oleiros, A Coruña)
  5. Pandeiretada de Couto (Zas de Carreira, A Coruña)
  6. Xota do Carnés (Vimianzo, A Coruña)
  7. Pasodoble, folclore vivo co cuarteto "Os Queixas" (Cerceda, A Coruña)
  8. Chotis e Muiñeira Corrida de Cerqueda (Malpica, A Coruña)
  9. Dança de espadas de Quintáns (Muxía, A Coruña)

    Segunda parte:
  1. Ribeirana de Cerqueda, folclore vivo e Grupo (Malpica, A Coruña)
  2. Moliñeira de As Nogais (As Nogais, Lugo)
  3. Xota e Muiñeira de Berdoias (Vimianzo, A Coruña)
  4. Valse (pasos de: Trasmonte, Zas e Malpica, música dos Queixas)
  5. Aninovo do couto (Zas de Carreira, A Coruña)
  6. Muiñeira de Vilabade (Tordoia, A Coruña)
  7. Moliñeira de Son (Navia de Suarna, Lugo)
  8. Maneo, folclore vivo con xente de Montemaior (Laracha, A Coruña)
  9. Canto de voda de Vilabade e pandeiretada de Suxo (Tordoia, Muxía, A Coruña
 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos