Xacarandaina

Estás en: Inicio Outras actividades

Curso de Percusión con Eliseo Parra

A A.C. Xacarandaina ten o pracer de propoñer un novo curso aberto, desta volta de Percusión Tradicional, impartido polo recoñecido músico Eliseo Parra

Nado en Sardón de duero (Valladolid) ten unha dilatada experiencia en varios estilos musicais, desde batería ata cantante de salsa e destacando no seu labor de divulgador e renovador de todas as músicas da Península. Os seus concertos e colaboracións con numerosos artistas, como a banda de percusión ibérica Coetus, acaban por achegar a rica cultura tradicional ó grande público, cultura extraida da terra grazas o seu traballo de campo a prol de recuperar as tradicións da percusión e cantos.

Deste xeito Xacarandaina trae ó nóso local da cidade da Coruña a este artista, coincidindo músico e Asociación no seu respecto, recolleita, conserva, espallamento é innovación no tratamento da tradición demostrado ó longo de todo este tempo.

Este interesante Curso de Percusión Tradicional celebrarase os días 24 e 25 de maio no local da Asociación Cultural Xacarandaina na Coruña, sito na rúa Historiador Vedía nº 3 Baixo, na zona de Juan Florez, moi preto do Pazo da Ópera da Coruña.


O horario será o seguinte:

  • Sábado 24 de maio: de 10h. a 14h. e de 16h. a 20h.
  • Domingo 25 de maio: de 10h. a 14h.

Non deixedes pasar esta oportunidade única de estar cun gran mestre!

O prezo do curso é o seguinte:

  • Socios da AC Xacarandaina: 110 €
  • Non Socios: 140€

Curso de Percusión Tradicional impartido por Eliseo Parra en Xacarandaina

Ligazóns: Eliseo Parra en Facebook | Wikipedia


 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos