Outras Actividades

Xacarandaina

Estás en: Inicio Outras actividades
Erro
  • XML Parsing Error at 1:1177. Error 9: Invalid character

Outras Actividades

Cursos de Folclore

Como parte da nosa identidade, debemos espallar o folclore, e a mellor forma de facelo é a través da formación. Deste xeito, temos celebrado cursos monográficos sobre:

Os cursos están impartidos por mestres da asociación ou recoñecidos profesionais, todos eles dun altísimo nivel recoñecido en Galicia.

Cursos: cociña, banda deseñada

Con carácter discrecional, a Asociación organiza unha serie de cursiños para todos os gustos, sempre intentando ofrecer variedade e calidade. Se estás interesado en que a Asociación leve a cabo algunha actividade deste tipo só tes que facelo saber clicando aquí. Contacto.

XacaCultural

XacaCultural é un programa de visitas guiadas a exposicións, museos, monumentos e diferentes eventos  tanto na cidade da Coruña como fóra de esta. A finalidade é achegar ás socias e socios da nosa Asociación a actualidade cultural da cidade a través de diferentes visións, sendo xeralmente gratuítas e para todas as idades. Tamén se organizan visitas dinamizadas das propias exposicións para nenas e nenos, onde son estes os protagonistas das visitas con explicacións, xogos etc.

De xeito máis excepcional téñense organizado viaxes co gallo de exposicións fóra de Galicia, como a que se fixo ao Museo Thyssen Bornemisza e á Fundación Caja Madrid, pola exposición Modigliani y su tiempo. Se che interesa algunha exposición ou actividade cultural e cres que sería interesante para o resto da Asociación infórmanos aquí. Contacto

XacadeAndaina

Este espazo, creado pola Asociación, pretende unir a socios e non socios coa natureza. Durante estes anos téñense programados roteiros de sendeirismo e visitas a lugares emblemáticos.  No ano 2010, co gallo do Ano Santo, Xacarandaina organizou o Camiño de Santiago dividido en varias etapas e con gran afluencia de socios que obterán a súa Compostela.

Curso de Canto

Sendeirismo en  Chelo
Patinaxe

Camiño de Santiago

Viaxes á neve

Nestes últimos anos xa ven sendo tradición a viaxe á neve de Xacarandaina. Nesta actividade preténdese achegar a todas as socias e socios o mundo da neve mediante a estancia nunha estación de esquí. Se che gustan os deportes de inverno ésta é a túa actividade.

Patinaxe

Actividade organizada todos os anos para todos os que queiran practicar a súa técnica de patinaxe ou aprender a dar os seus primeiros pasos no xeo. Pode asistir calquera persoa e de calquera idade, non hai límite! Imprescindible levar luvas para protexer as mans.

Conferencias

No 2010, ante o cambio nas tarifas eléctricas e o seu descoñecemento xeral, a Asociación, no seu intento de servir á sociedade, organizou a Conferencia “As novas facturas eléctricas”. Nela participou Julio Aneiros Lorenzo, enxeñeiro, profesor universitario e asesor do INEGA, quen dun xeito claro e ameno realizou unha exposición e resolveu as dúbidas dos asistentes.



 

Axenda

Decembro 2024
L M Me X V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos