Xacarandaina

Estás en: Inicio

Visita guiada á Torre de Hércules

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s de 6 a 12 anos da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada á TORRE DE HÉRCULES o sábado 16 de abril ás 11:30 h.

Estaremos acompañad@s polos guías da torre en todo momento que nos darán unha explicación do funcionamento da mesma e da súa historia. Debemos ter en conta as seguintes recomendacións:

A Torre de Hércules ten una capacidade de acollida de 30 persoas. De ser o caso, o grupo deberá ingresar no monumento en dúas ou máis quendas.

O horario é estimativo. Dadas as características do monumento, a entrada verase condicionada pola cantidade de visitantes particulares que teñamos á hora da súa chegada.

Aínda así, prégase puntualidade.

Por favor, atenda ás indicacións dos guías da torre, que farán todo o posible para minimizar a espera.

En aplicación do Plan de Autoprotección da Torre de Hércules, se procederá ao peche da terraza do monumento con ventos de forza 6 e o monumento completo cuando superen a forza 7.

A actividade vai dirixida a tod@s os nen@s soci@s de 6 a 12 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 13 de abril, xa que as prazas son limitadas.

Actividade gratuíta!!

Aprende e divírtete con Xaca!

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos