QUE TRAER
- Novos Socios: dúas fotos e número IBAN
- Socios: lembra o teu nº de socio e matricúlate nas actividades que queiras!
RESUMO DE CONDICIÓNS
A continuación presentamos un resumo das condicións para este curso:
CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- Socios:Socios/as: terán que aboar unha cota anual de 22 €, ben de forma fraccionada, en dous pagos de 11 € cada un (Setembro e Febreiro) ou de xeito íntegro no momento da matriculación. Os/as socios/as están exentos de pagar matrícula, ademais de obter descontos nas actividades. Ser socio/a non implica a asistencia ás actividades. Darse de baixa das actividades non supón a baixa de socio/
DESCONTOS
- As cotas anuais de socio/a dunha familia, agrupadas desde o mesmo número de conta, terán un desconto de 1 € a partir do segundo membro.
- Cando un socio/a asista a dúas ou máis actividades obterá un desconto de 1 € en cada unha delas.
- Na cota anual de socios, tamén as familias agrupadas no mesmo número de conta reciben este desconto cada un/unha.
- Este desconto farase tamén cando varios membros dunha mesma familia (pais/nais, fillos/as ou irmáns/irmás) que fagan os pagos das actividades desde o mesmo número de conta, asistan como mínimo a unha actividade cada un/unha
- Ó facerte socio poderás gozar inmediatamente dos ventaxas e descontos!
ABONO DAS COTAS
- Socios: todas as cotas aboaranse a través do seu banco/caixa sen cargo adicional por gastos de domiciliación. A cota de socio/a pasarase en Agosto (ou en Febreiro no caso de ser fraccionada) e as das actividades a comezos de cada mes.
BAIXA DE SOCIO OU ACTIVIDADES
- Deberás cubrir un formulario dispoñible no local social ou solicitalo por mail. Terás que avisar antes do 20 de agosto e entregar o teu carné.
- No caso das actividades, terás que dar aviso antes do día 20 de cada mes para que non se xenere o seguinte recibo.
HORARIO 2021-2021:
O horario en setembro:
Inscricións preferente para socios: A partir do 8 de setembro
- de luns a venres de 10:00h a 14:00h e de 17.00h a 21.00h
Inscricións para os novos socios: a paritir do 14 de setembro:
- mesmo horario
Durante o resto do curso: do 1 de Outubro ata o 30 de Xuño.
- mañá de 9.00h a 14.00h
- tarde de 16:00 h a 22.30 h
- sábados: de 10.00h a 14.00h.