Aproveitamos esta nota para informar ás socias e socios de que este ano as vacacións do Entroido serán os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo inclusive. Informamos tamén de que o mércores 8 de marzo tampouco haberá clase debido a que é Festivo local na Coruña.
Como xa ben sendo habitual todos os anos, o domingo de ENTROIDO realizaremos a NOSA FESTA! O domingo 26 de febreiro ven a Xacarandaina a festexar o Entroido!!
A festa dará comezo ás 17:00 h e haberá diversión ata as 20:00 h. Nela contaremos con merenda, xogos, baile, desfile de disfraces e unha sorpresiña para cada un/unha dos participantes.
Imprecindible inscrición antes do xoves 23 de febreiro na secretaría da asociación!
- Soci@s: De balde.
- Non soci@s: 3 €.
Aprende e divírtete con Xaca!!