Xacarandaina

Estás en: Inicio

Matrícula e Condicións Curso 2017-2018

CÓMO FUNCIONA A ASOCIACIÓN?

Na A. C. Xacarandaina ofrecemos distintas actividades dende o 1 de Outubro ata o 30 de Xuño cunha duración de 1h, 1:30 h. ou 2 h. semanas, adaptadas a distintos niveis e idades, dende os 3 anos en adiante

Ademáis, organízanse ao longo do curso distintas actividades puntuais como roteiros, obradoiros, visitas culturais para pequen@s e maiores, comisións de traballo para a organización de eventos (concursos, festivais, actuacións, festas de Nadal ou Entroido…) nas que @s soci@s obteñen descontos ou desfrutan de balde.



COMO PODO PERTENCER Á ASOCIACIÓN?

Para facerte soci@ (obrigatorio para menores de 6 anos) só debes achegar ao noso local sito en Historiador Vedía nº 3, soto, dúas fotos carné e o teu IBAN. O horario é de 18:00 h. a 21.00 h. en setembro e durante o resto do curso pola mañá de 10.30h a 12.30h pola tarde de 18:00 h. a 22.30 h.)

A cota de socio é de 20€ anuais que se pagará no primeiro recibo emitido. Mensualmente pagarase a cota da/s actividade/s á/s que asista cada un/unha.

*A cota de soci@, se o desexas, pode fraccionarse en dous pagos de 10€ ( en Agosto e Febreiro).


QUE DESCONTOS TEÑO COMO SOCIOS?

Obterás descontos xa no propio importe da actividade (se non te fas socio, a matrícula serían 30€ e o custo da actividade serian 5€ por riba do custe de socio) Ademáis, cada soci@ que asista a 2 ou máis actividades, obterá 1€ de descontó en cada unha delas.

Se vides en familia a varias actividades (pais/nais; fillos/as e irmáns), e os pagos realízanse dende o mesmo número de conta, obteredes tamén un desconto de 1€ en cada actividade á que asistades.

Na cota anual de socios, tamén as familias agrupadas no mesmo número de conta, reciben este desconto cada un/unha.

O abono das cotas pasarase anualmente (excepto na 1º matrícula) nos mes de Agosto. O recibo de actividades aboarase a través do teu banco/Caixa na primeira semana do mes.

Terás prioridade como soci@ á hora de anotarse, a 1º semana de inscrición (1º semana de setembro) é exclusiva para vós.


CANDO ME PODO DAR DE BAIXA DUNHA ACTIVIDADE? E DE SOCIO?

En calquera momento, mais sempre terás que dar aviso antes do día 20 de cada mes para que non se xenere o seguinte recibo. Terás que comunícalo no local e cubrir o formulario.

Para darse de baixa como soci@, o funcionamento é o mesmo e ademáis deberás entregar o teu carné. Terás que darte de baixa de soci@ antes do 20 de Xullo xa que a cota de soci@ do seguinte curso pásase en Agosto. O horario do local no mes de Xullo é de 10 a 14 h.



 

Axenda

Outubro 2017
L M Me X V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos