Convócase a tódolos socios e socias á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 24 de Setembro de 2017, domingo, no local da asociación sendo:
- 20:00 h a primeira convocatoria
- 20:30h a segunda convocatoria
Coa seguinte orde do día:
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior, que estará exposta para a súa lectura no local social, os 15 días previos á asamblea.
Exame de contas e balance
Informe das actividades do CATL Xacarandaina
Informe das actividades do GMBT Xacarandaina
Informe das actividades de carácter aberto da Asociación
Elección dos seguintes cargos da Xunta Directiva:
- Presidencia
- Secretaría
- Vogalía do Grupo de Música e Baile Tradicional
- Vogalía do Círculo de Actividades de Tempo Libre
Suxestións, rogos e preguntas
Segundo o artigo 33º, na convocatoria da Asamblea establecerase un prazo de dez días naturais no que se poderán presentar á secretaria da Xunta Directiva as candidaturas e as súas programacións se as houbera.
O presidente,
Alberto Domínguez Granero
Ligazón: documento (pdf)