Xacarandaina

Estás en: Inicio Grupo

Xacaculturais Febreiro



XACACULTURAIS FEBREIRO



2 FEBREIRO – AQUARIUM FINISTERRAE


O sábado 2 de febreiro ás 11:30h. temos programada unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña., tamén coñecido como a Casa dos Peixes. Centro interactivo de divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, oceanografía e o mar en xeral.


Esta visita está pensada para nenos ata 14 anos, sendo a entrada de balde.


Recordade anotarvos na secretaría da Asociación ata o 30 de xaneiro.

 




O xoves 21 de febreiro realizaremos unha visita guiada á Exposición  “Castelao Maxistral” no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela.

Esta exposición supón todo un hito, xa que se exhibe por primeira vez en Galicia a obra icónica “A derradeira leición do mestre”, considerada o “Guernica Galego”.


Sairemos en autobús ás 15:00h. do Pazo da Ópera da Coruña e a hora de chegada será ás 19:30h.  O prezo será de 10,00€.

O minimo será de 30 persoas e podédevos anotar na secretaría ata o día 16 de febreiro.


 



 

Axenda

Abril 2019
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos