Tras o éxito en anos anteriores do Festival Solidario de Nadal, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza neste ano 2019 o Festival Solidario de Primavera a favor da Cociña Económica da Coruña.
O festival será o domingo 5 de maio ás 10:00 horas no Centro Ágora da Coruña, acto ao que estades convidados a participar.
Neste acto actuarán todos os grupos infantís, xuvenís e de adultos que temos na escola, das modalidades de baile, pandeireta e gaita tradicional.
A entrada ao evento constará de 1 kilo de alimento (aceite de xirasol, azucre, café molido natural, garbanzos, sal, sardiñas en conserva e fabas) demandados pola propia entidade, que se recollerán, a partir das 09:30 horas, ás portas do auditorio, para seren doados á Cociña Económica da Coruña .
Con este acto, a Asociación Cultural Xacarandaina, coa colaboración desinteresada de todas as súas alumnas e alumnos, da Cociña Económica da Coruña e de Gadis, pretende aportar unha pequena axuda aos máis necesitados.