A Coruña, 23 de Agosto de 2010
Convócase a todas as socias e socios a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o vindeiro venres 24 de setembro no Local Social, sendo a primeira convocatoria ás 20:00 horas e a segunda convocatoria ás 20:30. A orde do día será a seguinte:
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior, que estará exposta para a súa lectura no local social, 15 días previos á Asemblea.
- Informe das actividades co C.A.T.L. Xacarandaina.
- Informe das actividades do G.M.B.T Xacarandaina.
- Informe das actividades de carácter aberto da Asociación.
- Exame de contas e balance.
- Elección dos seguintes cargos da Xunta Directiva:
- Tesoureira
- Vogal de G.M.B.T.
- Secretaria
- Cambio da cota de socio
- Suxestións, rogos e preguntas
Asdo.: A SECRETARIA, A PRESIDENTA