|
“Tierra de Hombres” creouse no 1960 en Suiza para a axuda desinterada a infancia. Chegou a España no ano 1994 e no ano 2003 abriu a súa delegación en Galicia. Dentro desta organización, o programa “Viaje hacia la vida” coordina a viaxe de nenos enfermos procedentes de África cara a países do primeiro mundo para seren tratados das súas doenzas.
“Tierra de Hombres” ten acordos con hospitales de Madrid, Valencia, Sevilla, Málaga, País Vasco, Navarra e A Coruña. En todos eles dispón de pediatras especializados que de forma altruísta atenden a estes pequenos. En concreto, ó Hospital Materno Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC), veñen nenos con cardiopatías conxénitas graves, de moi mal pronóstico nos seus países de orixe.
Pero antes de chegar ó hospital, e durante a súa estancia na Coruña, é necesaria toda unha cadea de voluntarios. Son acompañados por membros da ONG “Aviación sen fronteras”, por familias de acollida, familias de apoio, o persoal do hospital (enfermeiras, auxiliares, celadores, administrativos)... Parte da súa labor é colaborar en que os nenos non se sintan sós lonxe das súas familias, rodeados de estranos e dun idioma que non coñecen. Este traballo é realizado de forma voluntaria e altruísta, sendo un verdadeiro exemplo de solidaridade, entrega e ternura.
Xacarandaina quere colaborar con “Tierra de Hombres” e con cada un dos nenos que poden beneficiarse deste proxecto, facendo o que mellor sabe facer: cantar e bailar.
Actuaremos xunto coa escola de danza “Soul” na gala benéfica que terá lugar o vindeiro 22 de Outubro no teatro Colón.
Agardamos a vosa colaboración.
Álex Ávila Médico pediatra e membro de Xacarandaina
|

|