Xacarandaina

Estás en: Inicio

Gala benéfica a favor de "Viaje hacia la vida"

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina prepara a súa colaboración na gala benéfica organizada pola ONG "Tierra de Hombres" no seu programa solidario  "Viaje hacia la vida". A cita terá lugar o 22 de Outubro no Teatro Colón Caixa Galicia.

 

O Grupo tamén contará coa colaboración de un grupo de baile do Círculo de Actividades de Tempo Libre da Asociación composto por rapaces entre os 9 e os 14 anos de idade.

 

 

Tierra de Hombres”  creouse no 1960 en Suiza para a axuda desinterada a infancia. Chegou a España no ano 1994 e no ano 2003 abriu a súa delegación en Galicia. Dentro desta organización, o programa “Viaje hacia la vida” coordina a viaxe de nenos enfermos procedentes de África cara a países do primeiro mundo para seren tratados das súas doenzas.


Tierra de Hombres” ten acordos con hospitales de Madrid, Valencia, Sevilla, Málaga, País Vasco, Navarra e A Coruña. En todos eles dispón de pediatras especializados que de forma altruísta atenden a estes pequenos. En concreto, ó Hospital Materno Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC), veñen nenos con cardiopatías conxénitas graves, de moi mal pronóstico nos seus países de orixe.


Pero antes de chegar ó hospital, e durante a súa estancia na Coruña, é necesaria toda unha cadea de voluntarios. Son acompañados por membros da ONG “Aviación sen fronteras”, por familias de acollida, familias de apoio, o persoal do hospital (enfermeiras, auxiliares, celadores, administrativos)... Parte da súa labor é colaborar en que os nenos non se sintan sós lonxe das súas familias, rodeados de estranos e dun idioma que non coñecen. Este traballo é realizado de forma voluntaria e altruísta, sendo un verdadeiro exemplo de solidaridade, entrega e ternura.

Xacarandaina quere colaborar con “Tierra de Hombres” e con cada un dos nenos que poden beneficiarse deste proxecto, facendo o que mellor sabe facer: cantar e bailar.

Actuaremos xunto coa escola de danza “Soul” na gala benéfica que terá lugar o vindeiro 22 de Outubro no teatro Colón.


Agardamos a vosa colaboración.


Álex Ávila
Médico pediatra e membro de Xacarandaina

 

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos