Despois de moito tempo de espera, ó final, en Xaneiro, abrirase na Asociación Cultural Xacarandaina unha clase de baile orientada ós ex-compoñentes do Grupo de Baile Tradicional Xacarandaina.
Os ensaios serán os luns de 21:00 a 22:30, no Colexio Público Curros Enríquez (Campo de Marte, S/N) e serán impartidas por Henrique Peón. O custo de dita actividade será de 17,00€ para socios, e 22€ para os non socios. |